[A imaxe é dunha actividade da EOI de divulgación das culturas orientais]
1/15/2010
A Xunta de Galicia ilegaliza cursos da EOI DE Vigo:::
Así é como coida a Consellaría de Educación a aprendizaxe de novas linguas. Segundo publica hoxe LA VOZ DE GALICIA os cursos organizados polo alumnado da EOI-VIGO foron ilegalizados pola Consellaría, levábanse celebrando desde hai doce anos e impartíanse fóra do horario lectivo para aquelas persoas que pretenden mellorar nalgunha lingua ou iniciarse. Segundo a Consellaría de Educación non é "legal" usar o edificio de aprendizaxe de idiomas para celebrar estas clases. Hai máis de cen persoas que quedan desatendidas, moitas das cales habían acabar matriculándose dos cursos oficiais posto que estas actividades son motivadoras cara á aprendizaxe de idiomas estranxeiros. Xa se ve o que lle interesa á Xunta que aprendamos idiomas... senón que llo digan ao decreto de "sintan vergoña por falar a súa lingua".
[A imaxe é dunha actividade da EOI de divulgación das culturas orientais]
[A imaxe é dunha actividade da EOI de divulgación das culturas orientais]
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário
Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: