sóavos de algo esa noticia? buscádea no Zarabeto, buscádea...

"A Deputación de Pontevedra contratou en xaneiro de 2008 as obras de instalación de dous minidepuradoras nas parroquias de Bugarín e Prado, en Ponteareas, pero a primeira non chegou nunca a funcionar e a segunda non existe, segundo comprobaron o deputado provincial Gabriel Martínez e Xosé Represas, voceiro do BNG no Concello. O proxecto requiriu un investimento de 500.000 euros, financiada nun 83% con fondos europeos e o 17% restante pola Deputación.
Fontes da Deputación anticiparon onte que a noticia é "falsa", pero aprazaron "ao momento oportuno" calquera explicación do evidente: que unha instalación non entrou nunca en funcionamento e que a outra nin sequera está. Na empresa subministradora, Solucións Medioambientais e Augas (SMA), responderon que se instalara só unha das minidepuradoras, na Freixa Freixa-Bugarín, sen achegar ningún outro dato. A empresa cifraba en 150.000 euros, fai dous anos, o custo medio de adquisición desas instalacións, idóneas para poboacións menores de 2000 habitantes que poderían aforrarse, segundo as súas estimacións, de 140.000 a 170.000 euros anuais fronte aos custos dos depuradores comúns.
A Deputación de Pontevedra liderou o proxecto europeo que propiciou a contratación dentro do programa "depuración transfronteiriza" para núcleos da zona hidrográfica do Miño e afluentes, como é o caso do río Tea en Ponteareas. O programa, orzado en 8,1 millóns de euros para instalar 33 minidepuradoras, contou cunha subvención de 6,1 millóns dos fondos Feder. O Concello de Ponteareas anunciou en xaneiro de 2008 o inicio das obras, pero agora nega ao BNG a documentación sobre elas.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: