Poucas veces temos a oportunidade de ver na tv personaxes que destaquen por cousas boas, desta volta no porgrama "pasapalabra" (versión televisiva da actividade didáctica "pasa a palabra") está a ser noticia unha muller de 25 anos e licenciada en FILOLOXÍA ROMÁNICA, reproducimos a nova que pon a web do programa e un video onde contesta ás preguntas.
24 PROGRAMAS GAÑADOS E 28.800 EUROS ACUMULADOSLaura, 'Señora dos aneis 'de Pasapalabra
ten 25 anos, é profesora de clases particulares de lingua, inglés e latín, e fala catalán, galego, inglés, francés e algo de italiano. Con este espectacular dominio das linguas non é de estrañar que Laura Gonzalo leve xa 24 programas gañados e 28.800euros acumulados en Pasapalabra.
Leva xa 24 programas gañados e parece que ten pensado quedarse un bo intre máis. E é que Laura xa empezou con moi bo pé no seu primeiro programa, acertando 20 definicións e sen cometer ningún fallo. Desde entón, os rivais foron caendo sen tregua aos seus pés.
Un prodixio das palabras que ademais da semántica, a sintaxe e a gramática, sabe sacar tempo para outras cousas. Laura confesa estar enganchada á Guitar Hero e declárase fan de 'Star Wars' e 'O Señor dos aneis '. Agora que parece que os aneis, é dicir, os roscos, empézaos a dominar
Sem comentários:
Enviar um comentário
Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: