5/13/2010

queremos galego... en monterrei:::


Nas aulas de Monterrei queremos galego!
O vindeiro venres 14 de maio, Galiza Nova na comarca de Monterrei organiza, en colaboración coa Plataforma Queremos Galego, unha xornada na cal haberá diversas actividades en defensa da nosa lingua e coas que se quere facer unha chamado a acudir á manifestación que terá lugar en Compostela o vindeiro luns 17 de maio. Serán na Casa da Cultura de Verín coa programación que se detalla a continuación. Non faltes!

PROGRAMACIÓN:

20:00 horas: Presentación das actividades e proxección do documental “Linguas cruzadas”.

21:00 horas: Actuación musical e recital de poemas de Uxío Novoneyra.

21:30 horas: Mesa redonda, coa participación de:

- Manuel Rosende, profesor de Lingua Galega.

- Iria Aboi, Secretaria Xeral de Galiza Nova.

- Diego Lourenzo: Responsábel Comarcal de Galiza Nova.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: