5/18/2010

a volta:::


é curioso como unha iniciativa da propia administración pasa no máis absoluto silenzo unha vez máis, se queredes saber algo da VOLTA, aquí tou eu:

É a novena edición da Volta Ciclista a Galiza para as categorías de elite e sub-23 que se disputará até o domingo. En total, participan 105 corredores de 15 equipas.

1ºdía: Santiago-Santiago
Compostela, aproveitando a festividade local da Ascensión, cunha etapa de 136 quilómetros que sairá de Área Central as 14.55 horas para continuar por Bertamiráns, Os Ánxeles, Urdilde, Alto do Codeso, Noia, Portosín, Porto do Son, Alto de Moldes, Ribeira, Palmeira, Pobra do Caramiñal, Boiro, Padrón, A Escravitude, Picaraña, Os Ánxeles, Bertamiráns e Compostela coa meta instalada na rúa Xoán Carlos I, onde se estima a chegada dos corredores entre as 18.30 e as 19.00 horas.

2ºdía: Santiago-FerrolA segunda tirada sairá de Área Central ás 14.55 horas para continuar por Sigüeiro, Ordes, Cerceda, Mesón do Bento, Cambre, Guísamo, Alto de Campolongo, Pontedeume, Cabanas, Alto de Peón da Pedra, Fene, Ferrol, Alto de Bailadora, Balón, A Malata e chegada a avenida de Esteiro de Ferrol entre as 17.20 e as 17.50 horas, logo de percorrer 128 quilómetros.

3ºdía: Ferrol-A CoruñaO sábado, os ciclistas cubrirán a terceira etapa que sairá da Praza de España de Ferrol ás 14.00 horas e discorrerá por Narón, Valdoviño, Esteiro, Folgosas, San Sadurniño, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Betanzos, Bergondo, Perillo e chegada aos Cantóns da Coruña, logo de 130 quilómetros, entre as 17.15 e as 17.45 horas.

4ºdía: A Coruña-Sarria
A Volta rematará o domingo, coa cuarta e derradeira etapa, que principiará na coruñesa Praza de María Pita coa saída as 9.30 horas para continuar por Perillo, Guísamo, Betanzos, Alto de Curtis, Melide, Palas de Rei, Monterroso, Alto de Monterroso, Portomarín e chegada na rúa Calvo Sotelo de Sarria, logo de 140 quilómetros de percorridoke

Sem comentários:

Enviar um comentário

Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: