



L´Algher ou Alghero é unha cidade situada ao noroeste da illa italiana da Sardeña. A lingua local é o catalán, testemuña do dominio do Reyno de Aragón no Mediterráneo no seu momento. Ao pertencer ao estado italiano, esta segunda lingua é a máis utilizada sobre todo pola marea de turistas italianos que chegan ao aeroporto da cidade. Aínda así Alger conserva a súa identidade con orgullo, cousa que se pode ver en carteis coma este do lumeiro. Na illa, que é rexión autónoma hai catro aeroportos, o desta cidade, o de Olbia, Oristano e o da capital Cagliari. Alghero pertence á provincia de Sassari, Esta cidade está a 20 km de Alghero cara ao interior (se Alghero ten 50.000 veciños, Sassari tera 150.000). Se alguén cre aínda que é unha illa pequena que se vaia desenganando. A Sardeña ten case tres millóns de habitantes (como a GAliza) pero unha exensión maior (galiza+norte de portugal) e a distribución da poboación é distinta, moito máis concentrada en distintas vilas e cidades, o que fai que haxa amplas extensións de terra sen unha alma. Ten a densidade de poboación menor do estado italiano, semallante a Extremadura...
Sem comentários:
Enviar um comentário
Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: