9/29/2010

29-S: eu non vou:::


Non o tiña moi claro, pois motivos para facer folga non faltan. Non todo é responsabilidade do goberno central xa que o da Xunta dános máis motivos para queimar San Caetano como se dun castelo do medievo se tratara...
En fin, logo de ver como a dereita manipula, como os curas con matrícula collen as pancartas e demostan ser da cor da que sempre foron... chegou a CIG. Os sindicatos deixan de atender aos dereitos dos traballadores para mergullarse de cheo na política e nos intereses partidistas. Decidín non ir á folga e, como cada mañá, funlle tomar o café ao CARUSO. Piquetes (supostamente) informativos chantáronse diante da cafertería facendo sons atroces e atronadores para que a xente se fora e os donos pecharan o bar. Os donos decidiron non facer folga, coma min. Pero as COACCIÓNS e as PRESIÓNS dos que si decidiron facer folga fixeron que tiveran que baixar a reixa. Fun camiñando cara á biblioteca e todos os comercios e bares do centro da vila estaban pechados (minutos antes non era así), pegatinas de "eu vou á folga" foran IMPOSTAS nos seus escaparates e portas. Grazas á CIG e outras institucións políticas que se pasearon esta mañá pola terra da bica entendo que fago ben en non ir á folga, porque estou no meu DEREITO de non ir, máis ainda cando alguén aplica as súas decisións polos demais. Non lles serve argumentar e convencer, que ao meu entender é ao que se ten que dedicar un piquete. Non, eles preferiron decidir por todos. Iso é totalitario, non democrático, inxusto, erróneo. Síntoo, señores CIG e demais sindicatos implicados, non conten comigo en aboarlle mensualmente unha cantidade nas súas contas. Ca! Nunca Máis!!!

Sem comentários:

Enviar um comentário

Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: