
Xa hai mil inscritos na Marcha das Rosquillas 2011, que se celebrará mañá domingo 30 de xaneiro, na súa VIII edición.
A Saída da proba terá lugar dende o pavillón polideportivo municipal de Ponteareas as 09:30 da mañá, nunha marcha cicloturista de bicicleta de montaña que percorrerá diferentes zonas do condado. A saída de Ponteareas levará a serpe multicor, polas parroquias de Angoares, Fontenla, San Mateo de Oliveira e Arcos para ascender o Monte da Picaraña, que dá o nome o clube organizador, dando rodaxe hacia o avituallamento que terá lugar no castelo de Vilasobroso, onde os ciclistas tomarán forzas para seguir rodando por unhas espectaculares trialeiras, pasando por Bugarín e o barrio das Cachadas.
A distancia a percorrer será de 30 kilómetros, e nos avituallamentos poderanse degustar as típicas rosquillas de Ponteareas, con chocolate, froita....
Os participantes empezarán a chegar a meta sobre a unha da tarde, e terán a súa disposición; lavado de bicicletas e duchas na piscina municipal, para a continuación, gozar dun magnifico xantar composto por carne do Suído preparado por uns cociñeiros especializados.
Paralelamente o marxe da proba, os acompañantes poderán gozar dunha ruta de sendeirismo de dificultade media–baixa que tamén se desenvolverá polo Monte da Picaraña.
Despois do bo resultado do ano pasado na recollida de comida non perecedoira para o Comedor da Esperanza de Vigo, este ano, a A.D.C. A Picaraña pide novamente a colaboración de todos os participantes e veciños da vila para que no transcurso da proba se acheguen ata o pavillón de deportes para realizar as súas donacións.
A VIII Marcha das Rosquillas na que participarán mais de 1.000 persoas está organizada pola Asociación Deportiva e Cultural A Picaraña coa colaboración de diferentes casas comerciais e rosquilleiros da vila, así como do Concello de Ponteareas.
As previsións metereolóxicas son optimistas coa marcha que permitirá gozar do entorno da capital do ciclismo galego.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: