1/16/2011

A "vuelta" terá tres etapas en territorio galego:::

E, como non, a primeira desas etapas sae nin máis nin menos que de Verín para rematar en Manzaneda. A segunda vai á terra do Álvaro Pino e das rosquillas; de Ponteareas a Pontevedra. A terceira é para os Ancares; Sarria-Ponferrada. Son as etapas 11-12-13 da volta española. Observación; cadra cos exames de setembro, máis nos vale non ter que quedar aló posto que non vai haber aloxamentos (a "RELIGIÓN" de Ourense falaba de que para a etapa 11 non chegan os aloxamentos de Verín-Chaves e teñen que meter tanto equipo técnico en Ourense; a 70km!)


As ETAPAS DA VOLTA 2011
1. Benidorm–Benidorm (16km, CRE): crono chaira.
2. A Nucia–Praias de Orihuela: etapa chaira.
3. Petrer–Totana: etapa chaira cun porto de terceira a once quilómetros de meta
4. Baza–Sierra Nevada: primeira etapa de montaña co porto dos Filabres (1ª) de saída e chegada no alto a Sierra Nevada.
5. Sierra Nevada–Valdepeñas de Xaén: media montaña e chegada complicada.
6. Úbeda–Córdoba: Chegada complicada co Alto de San Jerónimo.
7. Almadén–Talavera de la Reina: chaira.
8. Talavera de la Reina–San Lorenzo del Escorial: chegada complicada con moito desnivel, antes algo de media montaña.
9. Villacastín–Alto da Covatilla: final no alto, sen excesiva dureza precedente.
10. Salamanca - Salamanca (40 km, CRI): completamente chaira.
11. Verín-Estación de Montaña da Manzaneda: final no alto, sen excesiva dureza precedente.
12. Pontareas–Pontevedra: chaira.
13. Sarria–Ponferrada: etapón de montaña con tres portos de terceira, terreo rompepernas e dous portos de primeira: Folgueira de Aigas e o temible e insólito Ancares.

14. Astorga–Lagos de Somiedo: chegada no alto aos Lagos de Somiedo con paso polo duro porto de San Lorenzo.
15. Avilés–Alto de l’Angliru: a tradicional chegada no alto do Angliru previo paso polo Alto do Cordal. Etapa particularmente corta con só 144kmy que marcará diferenzas.
16. Vila Romana A Olmeda–Haro: etapa chaira.
17. Faustino V–Pena Cabarga: etapa de media montaña con dous portos de segunda e final no alto en Pena Cabarga.
18. Solares–Noja: etapa de media montaña con subida ao porto de Alisas (primeira categoría) a un cincuenta quilómetros de meta.
19. Noja–Bilbao: etapa rompepiernas cun dobre paso polo Alto de Viveiro, o último a dezaseis quilómetros de meta.
20. Bilbao–Vitoria: etapa de media montaña nas súas dous primeiros terzos, incluíndo unha subida ao mítico Urkiola; o tramo final, por contra, é máis chairo
21. Circuíto de Xarama–Madrid: tradicional fin de festa totalmente chairo.

1 comentário:

Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: