A ruta da Camelia comeza este domingo 27 de febreiro ás 9:00 coa apertura de mesa de inscrición para retirada de dorsal en Ponteulla, ás 9:30 é a hora prevista de saída. Logo de que boten unhas bombas de palenque comeza a marcha. Haberá unha parada de avituallamento na área de recreo de Cubelas onde se lle dará bebida, froita... as asistentes. No final da ruta farase a entrega de dorsal e recollida de camiseta conmemorativa gratuita creada para a ocasión, tamén haberá sorteos entre os participantes, como non haberá camelias entre outros agasallos. Logo poderáse visitar as intalacións coa mostra da camelia.
Os interesados en participar poden inscribirse enviando un correo electrónico á casadospeons@concellodevedra.com cos seguintes datos : nome, apelidos, DNI, Telf, enderezo, se está federado/a ou non. Quedarán inscritos automaticamente.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: