
O Cancionero de Baena é o primeiro cancionero castelán que se coñece. O seu título completo é Cancionero de poetas antigos que fizo é ordenou e compuxo é acopiló o judino Johan Alfon de Baena. A obra publicouse por primeira vez en Madrid en 1851 por Pedro José Pidal. O manuscrito estivo na biblioteca de Isabel a Católica, de onde pasou á del Escorial. Posteriormente sacouse para efectuar estudos sobre ela, e os herdeiros do estudioso D. José Antonio Conde vendérona. Foi adquirida pola Biblioteca Nacional de Francia.
Foi recollido por Juan Alonso de Baena cara a 1445 (outras fontes sinalan entre 1426 e 1430) para ofrecerllo como agasallo a Juan II de Castela, moi amante deste tipo de literatura e poeta cancioneril el mesmo e o seu valido, o condestable don Álvaro de Lúa. Por iso é coñecido como Cancionero de Baena. É unha produción máis ben culta e cortesá.
Son unhas 576 composicións. Agrupa a 56 poetas coñecidos de fins do século XIV e principios do XV, e a unha decena descoñecidos. Nas súas obras aprécianse dúas escolas:
* a galaico-castelá. Son os poetas máis antigos. Presentan influencia provenzal. Usan con frecuencia o galego ou os galeguismos. Adoitan usar metro de arte menor (octosílabos). Aquí atópanse as composicións de Macías, Alfonso Álvarez de Villasandino ou Pero Ferrús. Algúns autores, a partir de Menéndez Pelayo, concluíron que dentro desta primeira escola poden separarse os galegos dos casteláns, falando así dunha terceira escola, a castelá.
* A alegórico-dantesca. Son máis modernos. A influencia é italiana. Compoñen en castelán. Adoitan usas versos de arte maior (dodecasílabos). Entre eles está a obra de Francisco Imperial.
Cada poeta ten unha pequena presentación. O seu prólogo encomia o valor da palabra e da arte da poesía. Existe edición moderna de Joaquín Gonzalez Conca e Brian Dutton (Madrid, Visor Libros, 1993).
Sem comentários:
Enviar um comentário
Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: