
O evento que organizan tanto os Concellos da Guarda, O Rosal e Oia e supervisado polos clubs ciclistas da Guarda e O Rosal terá o seguinte percorrido:
Iniciará na chaira de “A Sangriña” enfronte a estación de autobuses da Guarda. Pasaremos polas “Loucenzas” ata o alto do Terroso unha subida de 2,8 km. ao 8,1%. No km.14,3 tomaremos o desvío a San Martiño, seguindo ata “Vos Muíños do Folón” km. 17,3. Pasamos polos “Muíños do Calán” km.18,4, dirixíndonos ata Sta.Comba km.20,6. Desde aquí realizaremos un descenso de 2,4 km. cun desnivel -10,8%, cruzaremos a estrada PO3202 en Barrionovo. Desde aquí todo o percorrido discorrerá pola marxe esquerda do río Tamuxe, ata o punto de avituallamento nas Aceas km.30,7. Retomando a volta ata o punto orixinal por Salcidos.
A ruta BTT terá unha duración de 3 h. e 30 min. Cun percorrido estimado de 38 km e unha dificultade media.
Na metade do percorrido haberá un avituallamento para repor forzas e seguir xa ata o final da ruta. Á chegada disporedes de duchas, así como auga para limpar as bicicletas.
Por último informarlles, que tanto a petición de información así como a inscrición realizarase nos seguintes correos electrónicos deporte@aguarda.es, informacionxuvenil@concellodorosal.es, aedl@concellodeoia.es ou no número de teléfono 986 614 546.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: