
O Concello de Teo e o Club Ciclista de Teo organiza este ano o Nadal en bici, unha xornada para desfrutar da bicicleta para persoas de todas as idades. O día da bici celébrase o próximo domingo 18 de decembro a partir das 10:30 horas.
O percorrido desta ruta será de 20 quilómetros e a saída e chegada estará no pavillón polideportivo de Calo. Para anotarse nesta actividade as persoas interesadas deben enviar un correo electrónico cos seus datos a deportes@concellodeteo.com ou no teléfono 981 815 700. Esta actividade que xa se fixo en anos anteriores cunha boa participación está impulsada dende a Concellería de Deportes, dirixida por Manuel Anxo Fernández Baz.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: