A finalidade das rutas populares é iniciar a todo aquel que o desexe na práctica do ciclismo en bicicleta de montaña ou BTT. para iso dende bikestrada organizan estas saidas en colaboración co Concello da Estrada, percorridos suaves de 20-25 km onde poder admirar o mesmo tempo algunhas das paisaxes mais fermosas do municipio,
se estas interesado en participar so tes que presentarte na praza do concello as 9:45 para realizar a inscrición que tera un prezo simbolico de 2 € (excepto os socios). durante a ruta haberá persoal para auxiliar nas posibles avarias, dun pequeno avituallamento e de coche de asistencia por se fose preciso trasladar a algun participante e a súa bicicleta por non poder continuar.
Aí queda o perfil, o mapa e mailo cartel.

Sem comentários:
Enviar um comentário
Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: