4/28/2012

ESTREA DE "DISFUNCIÓN CONTÍNUA":::



Este serán (ás 20.30h) puidemos ver a obra debut desta nova compañía de teatro amateur da Estrada, vencellados á asociación Unidade Veciñal Estradense, colleron este nome polo seguinte motivo: disfunción como antónimo de «función» e contínua porque teñen pensado seguir dando guerra.

CÓNCAVO CONVEXO
Conta a historia de dúas mozas ás que lles falla o coche nunha noite de treboada. Acaban pedindo axuda nunha casa na que suceden cousas estrañas. Nada será o que parece.
A valoración é moi positiva pois o tempo da función pasou voando, a obra é amena e favorece a reflexión. Parabéns e que continúe a función.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: