Máis de 200 ciclistas daranse cita o sábado, dia 19 na Estrada para disputar os Campionatos de Galicia de Ciclismo para as categorías de Elite e Sub 23 e de Máster e Senior organizado pola Asociación Galega de Ciclistas e patrocinado por Concello da Estrada. O circuíto polo que transcorrerá a carreira será coñecido por moitos dos participantes pois foi o mesmo que acolleu o Campionato de Galicia de cadetes e féminas en 2007 e o de Máster e Senior en 2009. Ten un trazado de 9.600 metros con paso por Toedo e Santeles e coa dificultade dos dous quilómetros de subida desde Aguions ata a liña de meta instalada na Rúa Calvo Sotelo e que se fará máis dura co paso das voltas. A primeira das probas será para os Elite e Sub 23 ás 13,00 horas e deberán percorrer 105,6 km. Ás 17,00 tomarán a saída os Senior e Máster 30 e 40, 76,8 km., os máster 50 darán 5 voltas e os 60 , 3 voltas ó circuito.
Borja Calviño, lesionado, Abel Gómez (M-30), Barciela (M-40), Martiñá (M-50) e Crespo (M-60) defenden título nas súas categorías obtidos en Vilagarcía, mentres en Elite e Sub 23 serán Aser Estevez (Froiz) e David Rañó (C.C. Padronés) son os vixentes campións tras os autonómicos celebrados en Moraña en 2011.

Sem comentários:
Enviar um comentário
Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: