Procedencia
teñen as "tesoiras"?
As
primeiras foron para trasquilar ovellas, por iso derivan da forma
latina FORFICES TONSORIAS que quere dicir literalmente "tesoiras
de trasquilar". A forma TONSORIAS é a que está detrás das
nosas "tesouras" coa variante "tesoiras",
alteración tamén presente en "coiro-couro".
Orixe
ten a "propaganda electoral"? Pois
vén do verbo PROPAGARE ("repartir", "difundir"...)
que se usaba no ámbito agrícola falando de sementes. Figuradamente
levouse ao campo da comunicación (difundir unha información)
posiblemente a partir de que o fixese a Igrexa en 1622 ao crear unha
Congregación
para a Difusión da Fe.
Desde o XVIII e XIX úsase no ámbito da política. Os expertos en
publicidade diferencian esta da propaganda entendendo que a primeira
é para dar a coñecer un produto ou contido e a segunda para
asentalo ou para convencer ao consumidor.
É
un "programa"? Vén
do grego PROGRAMMA, daí pasou ao latín e posteriormente ao francés
(programme) e así chegou ao galego. En orixe denotaba "anuncio
público" ou "temario". Xa en grego se compuña de PRO
+ GRAPHEIN ("antes de escribir) Así a día de hoxe entendémolo
como "declaración por escrito do que pretende facer".
Outra cousa é que se cumpra o que se presentou por escrito...
ALCABRE
é prerromano?...
>
A
coñecidísima zona de Alcabre, en Vigo, ten un topónimo de
procedencia prerromana. E non o sabemos por ningún resto
arqueolóxico, os pobos que habitaron o noso territorio antes da
chegada dos romanos eran ágrafos. Pero na toponimia encóntrase
moita información gardada. Os nomes de lugar acabados en -obre,
-abre e -ebre son de posible orixe celta. Sábese que este elemento
significa poboado pero recontruir a que facía referencia ao resto xa
non é tarefa doada. Compárese con Baiobre, Barallobre, Callobre,
Cecebre


Sem comentários:
Enviar um comentário
Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: