…as
“pistolas” disparan en checo? Ou o que case é o mesmo;
esta palabra ten orixe naquela lingua; Pistal, desde onde pasou ao
alemán pistole, por onde chegou ao galego. Logo de tanto moverse aínda
mantén o seu significado orixinal de arma de fogo recortada.
É tempo de “poda”? O que ao
mellor xa non sabes é a relación desta forma con “amputar”. As dúas veñen de
PUTARE (latín) que significa limpar e, por extensión, cortar. Polo
tanto, a “poda” vén sendo unha “amputación” ou corte.
Telmo vén do grego?
Controla; en grego ÉRASMOS, en italiano Éramo>Ermo-Elmo. Ao popularizarse o
nome do santo; SANT ELMO facendo unha falsa segmentación derivou en San Telmo.
O santo tudense viviu no S.XIII e foi o evanxelizador de boa parte de Galicia e
Portugal. Évos avogoso contra os terremotos e patrón dos mariñeiros, o
significado do nome era “mimoso” ou “neno favorito”.
É un “Sangradoiro”? Non
temas, a cousa non é tan cruel como pinta a pregunta. Hai un en Xermade e
trátase dun topónimo que fai referencia a un terreo moi húmido ao que se lle
fan cortes (sangrados) para liberarlle auga. Tamén o encontramos referido ás
canles que lle liberan a auga da chuvia aos camiños ou no “sanguiño” arbusto de
cor morada que está detrás de topónimos como Sanguiñeda, Sanguiñeira ou
Sanguiñedo.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: