Cada
ano centos de estudantes de todo o mundo veñen a Galicia para
aprender o noso idioma; xa están abertos os prazos para participar
neles ao tempo que os “erasmus” agradecen a posibilidade de
aprender “unha lingua máis” ao pasar polas universidades
galegas. Mentres tanto o profesorado do Celga está a protestar pola
mala situación laboral dos empregados nestes cursos.
As
universidades da Coruña (UDC) e Santiago (USC) acaban de facer
pública a convocatoria de cursos de verán de lingua galega para
estranxeiros. Hanse desenvolver durante mes de xullo e a inscrición
está aberta ata primeiros de maio. Os prezos das matrículas oscilan
entre os 60 e 150 euros, pero tamén se ofrecen bolsas de
exención do pago da mesma e cantidades que van desde os 150 a 350
euros para apoiar a estadía nestas cidades.
E
é que cada ano son máis as persoas de todo o mundo que se interesan
por aprender o idioma galego. De feito, a facultade de filoloxía da
USC vén de celebrar unha charla baixo o título “A facultade de
filoloxía acolle” na que sete estudantes erasmus explicaron en
perfecto galego (idioma que descoñecían hai seis meses) todas as
vantaxes que lles está a aportar a aprendizaxe da lingua rosaliana.
En
Galicia tamén é posible estudarmos máis o noso idioma os propios
nativos, a Xunta establece uns cursos denominados CELGA e cos que se
pode optar a títulos requeridos en oposicións e entrevistas de
traballo.
O
profesorado que imparte estes últimos cursos vén de protestar pola
situación de precariedade laboral que viven indicando, por exemplo,
que son “profesores colaboradores” que nin sequera cotizan á
Seguridade Social.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: