A campaña emprendida pola Coordinadora de Traballadores/as de
Normalización da Lingua (CTNL) “Gústame o galego” continúa collendo cada
vez máis forza por Galicia adiante. Esta experiencia nacera no Culturgal e foise estendendo polo ámbito
educativo e social con moi boa acollida. Consistía en principio en saír en
fotos sobre o fondo de “Gústame o galego”
aportando unha frase relativa a algo que che guste en galego: “Gustame..., que me digan "qrt m8"
;-), “...que nos pubs poñan música en galego”, “...que non me traduzan o café
con leite”, “que che guste a miña lingua” “que @s bonec@s que falan galego”,
“...que o leite poña que é galego 100%”, “…escoitar a Shin Chan ou a Scarlett
Johansson, na tele ou no cine, falando en galego”
Agora deu un paso máis
adiante e asentouse no Concello de Santiago cun concurso de lemas para que a
iniciativa percorra Galicia cun maior número de frases. Había que pensar unha cita
que comezase por “Gustame…” e completala con non máis de 90 caracteres que
expresen a filosofía da campaña. Podíase participar por facebook ou twiter.
Nos vindeiros meses, as
consignas gañadoras estarán por distintos Concellos, os primeiros onde se
poderán ver son Narón, Burela, Carballo,
Pontevedra ou Santiago. Pódense consultar nas súas contas das redes sociais ou
na web da www.ctnl.org para saber onde podes sacar a túa foto co lema que máis
che guste.

Sem comentários:
Enviar um comentário
Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: