9/30/2013

Venres 4 ás 21h no Milladoiro:::

No ano 2031, centenario da Segunda República Española, unha aldea situada nun recuncho do río Ulla desafía ao estado español cun ultimato radical: ou soberanía fiscal ou independencia. España, unha ditadura constitucional desde a reforma administrativa do ano 23 inducida por sucesivas crises económicas, está gobernada por un único partido legal, o Partido Popular Obreiro Español (PPOE) baixo o liderado de Mario Conde Roa e o reinado borbónico de Froilán I. Xa non existen os concellos nin as autonomías, e as decimonónicas deputacións provinciais administran todo o territorio do estado. Pero a aldea de Gundián, vítima dun conflito interprovincial non resolto entre a Deputación da Coruña e a de Pontevedra, ten os seus propios problemas. Tras anos de abandono, novos veciños e veciñas retornados das cidades tratan de sobrevivir na parroquia redimindo hortas e leiras e pagando elevados impostos por partida dobre a ambas deputacións. Con todo, carecen dos mínimos servizos sociais, pois ningunha das deputacións se sente obrigada a concederllos.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: