10/18/2013

O Decameron no Teatro Principal:::

Hoxe venres 18 chega ás 21.00 h o DECAMERON ao Principal da Estrada. Logo de varios anos estancado nos anos 1.400 e pico toca volver. A aposta é arriscada, tendo en conta que se trata de Cándido Pazó, que non conta con actores e que basea o espectáculo nos monólogos. Sendo quen é xa se supón que historias do DEC vai reproducir; as máis instínticas, pero aínda así, e tendo en conta que o actor-director é home do teatro en todas as facetas (autor, director, actor...) seguro que non vai defraudar.

A cousa é de risa e dura DÚAS HORAS!!! polo que habemos ver a versión enteira. A entrada custa 5 euriños. Esta é a sipnose: Trátase dunha particular adaptación do Decamerón de Giovanni Boccaccio. Trátase dun espectáculo unipersoal no que, baixo o subtítulo “Historias para tempos ruíns”, Cándido Pazó adapta algúns dos contos máis divertidos e mordaces deste clásico italiano do século XIV, buscando sacar o máximo proveito das metáforas que poden establecerse respecto da actual situación social e económica. Seguindo a fórmula empregada en “Memorias dun neno labrego”, a combinación de teatro e narración oral, consegue, da man de un dos máis destacados narradores da escena galega, artellar un espectáculo cómico de grande carga irónica e ritmo dinámico, onde as gargalladas actúan como catarse fronte da meirande epidemia contemporánea: a peste económica.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: