10/19/2013

O Decamerone chegou á Estrada:::














O Decameron chegou ao Teatro Principal da Estrada nunha aposta bastante arriscada de Cándido Pazó, digo arriscada pois o espectáculo baséase na narración oral, unha hora e media de monólogo contista.  A posta en escena foi elegante e moi simple; un sillón, un percheiro e uns poucos xogos con luces e música gravada. O contador, traxeado de branco centrou a narración en todo momento mesturando a función de contador coa de actor, facendo mínimas representacións dos personaxes que ían saíndo no discurso. Do texto de Boccaccio extraeu o argumento de oito contos pero alterando personaxes e reducindo tramas. Se o Decameron destaca por algo é polo uso da intelixencia para o beneficio propio por parte dos personaxes e isto quedou un pouco ensombrecido polos contidos máis eróticos, sobre todo a medida que avanzaba a función. O público non estivo especialmente receptivo, sobre todo ao comezo onde os aplausos tímidos daban paso dun conto a outro. Contra ao final foise quentando o patio de butacas. Se algo sobrou, ao meu parecer, foron os chistes e anécdotas que intercalou (improvisadas elas) nesa arte que ten o contacontos de "abrir ventás". En definitiva, Boccaccio deixou unha obra con moitas máis posibilidades que as que explotou o monologuista de Vigo, quen -iso si- defendeu dignamente algunhas das historias a pesar de usar poucos recursos teatrais.






Sem comentários:

Enviar um comentário

Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: