
Isto leva moito texto... pero lédeo se vos queredes informar do que ESTÁ PASANDO. incrible!!!!
Esta información está relacionada coa denuncia do Senador do PP, un tal Juncal, presentada contra un director galego por repartir o tríptico do que levo falado estes días...
"Ás compañeiras e compañeiros traballadores do ensino en Galicias.
No centro no que son director, CEIP Isaac Peral de Ferrol, o equipo de Normalización e Dinamización Lingüística decidiu enviar ás nais e pais de alumnas e alumnos (a respecto da consulta sobre a utilización das linguas por parte da Consellería de Educación), a información do tríptico: AS LINGUAS SUMAN, promovida pola Coordinadora galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, que ademais contaba co apoio da “Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo”, do “Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña” e das “Escolas Católicas Galicia”, entidades nada sospeitosas de ir en contra da legalidade vixente e doutro documento, asinado entre outros por A Mesa pola Normalización Lingüística, Asociación de Directores e Directivos de IES, AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega), CIG-Ensino (Confederación Intersindical Galega), Comités, Coordinadora de Equipas de normalizacióon Lingüística de Ferrolterra, Coordindora de Equipas Normalización Lingüística de Compostela, Federación de ANPAS de centros públicos de Ferrolterra, NEG (Nova Escola Galega), STEG (Sindicato das traballadoras e traballadores do ensino de Galiza). Sinaladas en negriña ás que directamente están relacionadas xeográficamente co CEIP Isaac Peral de Ferrol.
Nestes días tivemos coñecemento directo e indirecto de muitos centros de ensino de toda Galicia que remitiron aos pais do alumnado a mesma ou similar información, sen que iso deba alterar “ o proceso ” de enquisa antedito. Persoalmente non creo que dar información, da que teñen capacidade de ofrecela os equipos de NeDL segundo o ROC (Regulamento Orgánico de Centros, artigo 68) supoña un problema para que como cidadáns libres teñamos unha maior óptica dos temas e logo cadaquen coa súa idea…
Por todo elo e sendo denunciada a dirección do meu centro polo “senador del Partido Popular Juan Juncal”, é polo que a aqueles que queiran e que o estimen oportuno, manifesten o seu apoio cunha forma moi sinxela, se é do voso agrado:
suscribir enviando un correo ao meu enderezo particular (luisdocampo@edu.xunta.es) co texto que segue a continuación, na páxina 2 (enviade só a páx. 2). É interesante que vaia neste formato porque a mellor opción para non malgastar papel será para mín incluir eu persoalmennte, un tras outro, os escritos de apoio, para enviarllos á Consellería se fora o caso ou a D. Juan Juncal, ou a quen corresponda, por esa vía tan moderna e democrática que é o correo electrónico que ata ten validez sen levar sinatura manifesta (caso de case toda a documentación que nos chegou sobre “el proceso de consulta”
Adxúntovos a nota de denuncia e unha posible resposta persoal a el ou aos medios.
Juncal, 16-06-09 / 16:37 h
(Galicia) POLITICA,PARTIDOS
PP denuncia colegio Ferrol reparte tríptico de A Mesa junto con encuesta
(curiosamente desapareceu o enlace ás 11.50 h. do 16 de xuño)
J. Luis Docampo Amoedo, director do CEIP Isaac Peral de Ferrol
Eu ………..…………………………………………………………..………, …………………… (profesor/a, membro dun equipo directivo, claustro, ...) quero manifestar o meu apoio e solidaridade ao equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP Isaac Peral de Ferrol, e ao seu director, ante a denuncia feita polo senador do PP de Ferrol, D. Juan Juncal, por facilitar no seu centro a información do tríptico (que non promoveu nin elaborou A Mesa):
AS LINGUAS SUMAN, promovida pola Coordinadora galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, que ademais contaba co apoio da “Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo”, do “Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña” e das “Escolas Católicas Galicia”, entidades nada sospeitosas de ir en contra da legalidade vixente
- doutro documento, asinado entre outros pola Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra e a Federación de ANPAS de centros públicos de Ferrolterra,
Asdo.: "
e esta é a proposta de resposta ás animaladas que publican na prensa, fixádevos como terxiversan todo...
"16-06-09 / 16:37 h
(Galicia) POLITICA,PARTIDOS
PP denuncia colegio Ferrol reparte tríptico de A Mesa junto con encuesta
Santiago de Compostela, 16 jun (EFE).- El senador del Partido Popular Juan Juncal ha acusado a la dirección del colegio Isaac Peral de Ferrol de intentar influir en el resultado de la encuesta de la Consellería de Educación sobre el uso del gallego al repartir junto a esta un tríptico de A Mesa pola Normalización Lingüística.
Según el político popular, en el tríptico distribuido en este colegio ferrolano "se habla de forma tendenciosa" sobre este proceso, y acusa a la dirección del centro de "intenta imponer una opción frente a la libertad de educación que propugna el PP y la Xunta".
Para el senador del PP, la dirección del centro "debería preocuparse de que los padres pudieran elegir libremente la educación de sus hijos en lugar de intentar imponer una opción".
Según afirma, "el único interés de la Xunta es cumplir su promesa y ayudar a que se alcance un consenso político y social que se ha perdido en torno al uso del gallego".
Juncal sostiene que la dirección del colegio Isaac Peral de Ferrol ha incumplido las instrucciones dadas por la Consellería de Educación, en el sentido de que no se debía entregar documentación alguna junto a la encuesta, y hace hincapié en que el contenido del tríptico "orienta claramente a votar una determinada opción, la defendida por la Mesa de Normalización Lingüística". EFE
Respecto da denuncia arriba sinalada contra o centro arriba citado e como director del quero facer varias apreciacións, entre elas e importante para mín poñelo aquí por honradez persoal: foi o Equipo de Normalización Lingüística do centro, co consentimento persoal meu como director, o que enviou a información do tríptico e doutro documento máis:
1º Apreciación: O señor Juan Juncal minte ou non leu ben a información cando dí: “al repartir junto a esta un tríptico de A Mesa pola Normalización Lingüística” Por tanto primeira falsedade xa que o tríptico ao que se refire é o seguinte:
AS LINGUAS SUMAN, promovido pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, que ademais conta co apoio da “Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo”, do “Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña” e das “Escolas Católicas Galicia”, e non pola Mesa de Normalización Lingüística.
2ª) Se a información dada pola coordinadora que engloba a todos os equipos de Normalización e Dinamización Lingüística de Galicia (funcións recollidas no ROC REGULAMENTO ORGÁNICO DE CENTROS, Decreto 374) incumple algunha Lei que sexa a Consellería quen mo diga persoalmente e/ou cambie o regulamento, pois nel no seu Art 68. e) díse:
Proporcionarlles aos membros da comunidade educativa información sobre as actividades do equipo e de todos aqueles actos e institucións culturais relacionados coa realidade galega.
3ª) Que eu saiba a día de hoxe “elegir libremente la educación de sus hijos” debe referirse polo que hai vixente a: ensino público, privado concertado, estrictamente privado e se hai algunha máis, edifíqueme.
4ª) Respecto de "el único interés de la Xunta es cumplir su promesa y ayudar a que se alcance un consenso político y social que se ha perdido en torno al uso del gallego", pois benvido á causa. E se teñen que “cumplir la promesa” que o fagan no Parlamento de Galicia que é onde se fan leis ou se modifican ou se tiran abaixo.
5ª) Velar polo proceso, como dí a Consellería, especifica que non se fagan actos de campaña nun sentido ou noutro, non que a Comunidade Educactiva non teña informacións ao respecto e sobre todo se procede de equipo de Ne DL recollido no ROC. E volve a opinar sobre a Mesa. ¿Qué teima coa Mesa? Repítolle que o tríptico ten a promoción apuntada no punto primeiro.
J. Luís Docampo Amoedo, director do CEIP Isaac Peral de Ferrol"
un saúdo
FARO DE VIGO:
ResponderEliminar"Asociaciones de padres del Baixo Miño piden que siga "o ensino en galego"
Critican la encuesta de Educación sobre el idioma y la tachan de "carente de rigor"
E.G. - BAIXO MIÑO Las Asociaciones de Pais e Nais de diversos centros escolares e Institutos de Secundaria del Baixo Miño manifiestan públicamente su deseo de que siga impartiéndose "o ensino en galego", ante el anuncio de la Consellería de Educación de realizar una consulta en los centros educativos en relación al uso de este idioma; una iniciativa que critican y tachan de "carente de rigor en la metodoloxía de distribución e no procesamento de datos". Afirman además que carece de "garantías para a intimidade das persoas e a protección de datos de carácter persoal".
Anuncian la incorporación de más asociaciones que suscriben el escrito asumido por las Anpas que representan a los progenitores de cerca de 2.000 escolares. Son las Anpas del CEIP "Manuel Suárez Marquier" de O Rosal, centro San Xerome Emiliani de A Guarda, "Solleiro" del IES de Tomiño, Colexio Rural Agrupado "María Zambrano" de O Rosal, "Manuel Rodríguez Sinde" de A Guarda y "Baixo Miño" del IES A Sangriña de A Guarda.
El texto que surge tras la reunión celebrada el pasado lunes en el IES A Sangriña de A Guarda, desean dar a conocer a la opinión pública su opinión sobre la consulta anunciada por la Consellería de Educación, que también les parece "discriminatoria", porque no ha tenido en cuenta a todos los centros educativos de la zona, pues el centro de educación especial San Xerome Emiliani, con cuatro unidades concertadas con la Consellería, no figura en la relación de centros donde se aplicará la encuesta.
Mantienen la validez del Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega que desean siga aplicándose. Fue aprobado por unanimidad de todas las fuerzas políticas representadas en el Parlamento gallego en el año 2004 (PP, PSOE y BNG). Consideran que "é un punto de encontro na definición dos obxectivos para o ámbito educativo. Añaden que el Decreto 124/2007 de 28 de junio, le otorga carácter normativo y su legalidad está avalada por varias sentencias del TSXG.La propuesta de estos colectivos es "marcar a opción "galego" (en Infantil e FP) e "todo en galego" (en Primaria e Secundaria)".