
Xa que non hai moita información sobre este marabilloso evento... póñovos o que di a web do concello
"O Concello da Estrada acollerá unha nova edición da Festa da Bicicleta, o vindeiro domingo 21 a partires das 10:00 da mañá.
A marcha cicloturista sairá desde a Praza da Constitución, diante do Concello, e percorrerá 4 quilómetros polas rúas do casco urbano estradense. Os menores limitarán o seu percorrido a un circuíto pola mesma praza da Constitución.
Os participantes na marcha recibirán como agasallo unha camiseta conmemorativa. Ademais, haberá un trofeo para o ciclista máis veterano, para a bicicleta máis antiga, e para a familia máis numerosa.
Quen se achegue o domingo para formar parte da marcha optará tamén á posibilidade de gañar unha bicicleta ou diverso equipamento deportivo no sorteo que se levará a cabo.
A marcha está organizada pola Deputación Provincial de Pontevedra e a Concellería de Deportes e Participación Cidadá do Concello da Estrada, e nela colaboran o Club Ciclista Estradense, a Policía Local, a Agrupación Local de Protección Civil, e o programa A Estrada, Camiño de Saúde."
por certo... xa se podían esmerar un pouco máis co cartel, menuda cutrada!!!!
ResponderEliminar