
O PP da Estrada rompía onte o seu silenzo na polémica desatada polas beirarrúas de Ouzande, obra incluída no plan E, con 231.000€ e paralizada pola Deputación de Pontevedra (titular da vía) ao facerse sen o seu permiso e con informes contrarios.
José López comparecía onte para anunciar que o conflito lle desbloqueará e criticar a xestión do goberno municipal e en particular do alcalde, José Antonio Dono. Así, rescatou o caso das beirarrúas de Vilar que herdou o actual goberno e acabounas con axuda da Xunta (entón gobernando no Bipartito) e coas que Dono fóra moi crítico por non cumprir as medidas esixidas. "Que casualidade que agora aqueles adxectivos lle volven na súa contra", sinalaba López.
O edil popular, que repasou o proceso lembrando que o proxecto de Ouzande tampouco cumpre as medidas malia ser corrixido, remarcou que a Deputación ten vontade de facer a obra. A solución pasaría, segundo explicou pola fórmula adoptada para as de Vilar: facer menos beirarrúas e só naqueles tramos onde lle poida cumprir o largo de plataforma esixido. "Daquela pregaron velas co Bipartito e agora queren cargar contra a Deputación", engadiu López, para o que Dono mantivo unha "actitude hostil" no caso da obras de Ouzande. Advertiu tamén que se sentiu "defraudado" polo rexedor ao dicirlle aos veciños da zona que a obras se paralizaron por que el (López Campos) avisou a Deputación. Tamén cuestionou a contratación da obra, e a dotación de beirarrúas nunha zona que figuraría como solo rústico no PXOM e próxima á futura conexión cunha das variantes previstas para rodear o núcleo urbano.
LE, TAMÉN ESTE DOCUMENTO DE INTERESE...
e no xornal FARO DE VIGO tamén podes ler esta noticia...
Don Olimpio escribiu un artigo no "La Voz de Galicia", reprodúzovolo por se non o lerades...
ResponderEliminarAs beirarrúas de Ouzande
Autor: Olimpio Arca Camba 21/11/2009
Diante das novas que este xornal, na súa páxina local nove do cadernillo das comarcas Deza-Tabeirós do día 19 do actual, publica encol das beirarrúas de Ouzande, hai nas razóns alegadas pola Deputación fleves razoamentos para xustificar a súa paralización:
Lemos no primeiro entre comiñas. «El Concello de A Estrada actúa en este caso al margen de la Ley, ejecutando obras que afectan a zona de circulación sectorial de carreteras y cortando el tráfico en este vial, actuaciones que además generan un grave riesgo para la seguridad vial en una carretera de la que es responsable la Diputación».
«Cortando el tráfico». Todos sabemos que para servir as parroquias de Ouzande e Somoza hai dúas entradas: unha pola rúa Pérez Viondi e outra un pouco máis abaixo pola estrada de Forcarei, no lugar de Guimarei, moi ben sinalada.
«Actuaciones que además generan un grave riesgo para la seguridad vial». Obvio razoamento, pensando así nunca se poderían facer obras de ningún tipo.
No segundo entre comiñas lemos: «La paralización de los trabajos de Ouzande no responde a un capricho»? ¿? Excusatio non petita accusatio manifesta. «Ya que la Diputación siempre colabora en iniciativas para mejorar sus viales y servicio a los ciudadanos». Non dubidamos desa humanitaria tarefa, pero comprobamos que estas beirarrúas son, dende hai moitos anos, moi necesarias para unha estrada estreita ao máximo, que da servizo ás preto de setecentos habitantes das parroquias de Ouzande e Somoza, nas que case todos os veciños teñen coche, o que implica unha circulación intensa. Son moitos os peóns que percorren esta vía co perigo da súa integridade física.
Item máis, esta estrada posúe nas súas beiras un rico patrimonio cultural: fermosa igresa románica, catro ben conservados cruceiros, un singular grupo de hórreos e unha variada riqueza paisaxística.
Arránxense pronto pois, as deficiencias técnicas para que axiña sexa realidade o mellor paseo que ten, tan preto, a vila da Estrada.
o alto éche listo de carallo... así pretende presentarse a unhas eleccións municipais?
ResponderEliminarvendo como ten educados os fillos....
ResponderEliminar