
SEGUNDO PUBLICA "LA VOZ DE GALICIA":
O goberno estradense non recibiu onte noticias ou confirmación algunha sobre o encontro urxente que ten solicitado o alcalde ao presidente da Deputación. Trátalle dunha entrevista obrigada para solventar o problema creado coa obras das beirarrúas de Ouzande, cun proxecto que non acaba de axustarse ás esixencias para actuar en estradas que dependen do ente provincial.
Doo confiaba en contar onte con algunha referencia sobre o esperado encontro. Na xunta de voceiros da Deputación ían a xestionarlle esa petición. Pero a xunta non chegou a reunirse e terase que esperar un pleno de mañá para que os voceiros socialistas na Deputación pregunten a Louzán por este caso e reclaman a urxente petición.
O goberno estradense non explica polo de agora o que ten pensado se a Deputación se mantén firme e esixe todos os requisitos nesta obra, sobre todo en materia de largura da calzada e das beirarrúas en todo o tramo en que lle quiera actuar.
Sempre quedaría a opción, xa que é practicamente imposible cambiar de obra ou o destino do diñeiro-máis de 200.000 euros - de crear as beirarrúas soas nos tramos onde exista largura suficiente para que a calzada e as beirarrúas que se axusten á normativa. Non parecen existir máis opcións, pero está claro que, polo de agora, o Concello non lle expuxo a idea de perder todo ese diñeiro.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: