
A Asociación Cultural e Deportiva A Picaraña, de Ponteareas é a encargada de organizar esta ruta, considerada unha das máis salientables do calendario BTT de Galicia. Os participantes de edicións anteriores valoran a súa boa organización.
A ruta partirá do Pavillón de Deportes da capital do Tea ás 9,30h da mañá do domingo 29 de xaneiro de 2012 para percorrer un total de 34,7 Km pola comarca do Condado. A altitude mínima e máxima do perfil é de 19 e 571 metros sobre o nivel do mar. Estes datos fan catalogar a ruta como de dificultade “alta” pola organización.
Antes de dar inicio, a organización abre un espazo no Pavillón Álvaro Pino da localidade para recoller un quilo de comida solidaria que pretenden cada participante achegue para logo donalo ao comedor benéfico “A Esperanza” de Vigo. Para recollre o dorsal de cada corredor habilitarán outro espazo no Pavillon a partir das 9 da mañá e de 4 a 8 de hoxe na tenda colaboradora “O Con” ubicada na estrada de Guillade da vila do Tea.
A organización acollerá ata a 800 dos participantes para comer no citado pavillón e prepararon tamén un roteiro a pé para os acompañantes. As incricións estiveron abertas do día 1 ao 25 do presente mes. Desde a Asociación A Picaraña lembran a obrigatoriedade de estar inscritos para participar e levar o dorsal, así como de utilizar o casco durante toda a marcha. Non admitiron participantes menores de 16 anos. Ofrecen máis información na súa web http://adcpicarana.com.
As previsións metereolóxicas auguran un bo día, frío a primeiras horas da mañá a causa das xeadas pero que irá mellando a medida que avanzan as horas ao haber ceos despexados e ventos que, a pesar de ser do nordés creando sensación de frío, serán febles.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: