1/06/2012

IX MARCHA DAS ROSQUILLAS 2012:::






Este ano tamén piden aportación do teu Kg de alimentos non perecedeiros para doalos ao comedor "A Esperanza" de Vigo agardando superar o record de 500kg do ano pasado. Por un erro no email que mandamos de información recordan que o seguro do día custa 12€ e o prazo para facelo termina o 25 de xaneiro.

O ADC Picaraña quere informar a todos os seus amigos e participantes da Marcha das Rosquillas que a partir deste ano e por dáa gran cantidade de participantes vémosnos/vémonos obrigados a limitar o número de persoas que quedan a comer, isto débese a que o sitio do que dispoñemos non ten maior capacidade e queremos que os que coman connosco sexan atendidos do mellor xeito posible. Xa que logo habemos decido que o nº de comensais será de 800 persoas, entre ciclistas e acompañantes, así que tamén nos vemos obrigados a restrinxir o nº de acompañantes (a 2 por participante) xa que esta é unha marcha ciclista (si o acompañante é menor de 7 anos pode asistir sen inscribirse pero non poderá ocupar unha cadeira senón que deberá estar cos seus pais).

Só se restrinxe o número de comensais non de participantes.
O cambio máis IMPORTANTE deste ano é que non haberá inscripciones no día, deberán ser todas anticipadas internet e antes do día 25 de xaneiro. Tamén será obligatorio poñer tanto en internet como no recibo do banco o nome e apelidos para evitar confusións. As Inscripciones abriranse o día 1 de Xaneiro, e en nosa web www.adcpicarana.com atopardes como inscribirvos e a lista de inscritos.

A Federación Galega de Ciclismo 12€ de seguro do día que se pechan o día 25.


1/ Ciclista con comida: 12€ (+12€ seguro, si non ten licenza federativa, cumprindo as normas da Federación Galega de Ciclismo)
2/ Ciclista sen comida: 5€ (+12€ seguro, si non ten licenza federativa, cumprindo as normas da Federación Galega de Ciclismo)
3/ Acompañante que queda a comer : 9€


Queda terminantemente prohibido entrar na marcha sen dorsal, o ADC Picaraña ten o apoio das autoridades competentes para poder botalos da mesma ata que pase o último vehículo da marcha, xa que nós somos responsables de todos os participantes e os que non teñan dorsal non cumpren as normas da marcha.

Normas de obrigado cumprimento:
-Ter máis de 16 anos (os menores de idade con permiso asinando dos pais)
-Levar o dorsal en todo o percorrido.
-Uso obligatorio do casco.

SENDERISMO

Este ano tambien teremos ruta de senderismos marcada guiada e marcada, aínda que cada participante tendra que levar a súa propio avituallamiento ( auga,froita etc) e será gratuita para todo o que queira participar.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: