Esta é a estrada AC-440 que une a vila de Muxía co resto do mundo. Quen pase por alí vaise atopar cun pequeno obstáculo:
Pois non, non é unha obra, trátase dunha duna, tal e como amosan estas fotos:
Unha duna é unha acumulación de area que se forma nos desertos ou, como é o caso, no litoral. Algunhas son moi coñecidas, coma as de Corrubedo. Pero moitos areais teñen estas formacións máis grandes ou máis pequenas, a nosa non é das máis discretas. O que chama a atención é que o trazado desta estrada estea feito polo medio e medio da duna, rompendo o seu desenvolvemento normal e a vida que de xeito natural se xera nestes espazos. Máis dun condutor viu unha duna, e algúns peóns seguro que tiveron que esforzarse para cruzala...
Sem comentários:
Enviar um comentário
Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: