5/13/2010

bronquite aguda:::


bronquite é a inflamación da mucosa que recobre interiormente os bronquios. Hai dous tipos de bronquite: aguda e crónica.
Unha bronquite aguda aparece como consecuencia dunha infección respiratoria, como un resfriado ou unha farinxite, cando os mesmos virus extenden a infección cara os condutos aéreos dos pulmóns (bronquios e bronquiolos). Esta inflamación resólvese nuns poucos días.
Na bronquite crónica a inflamación bronquial é persistente, o que provoca un deterioro progresivo da función pulmonar. É consecuencia de infeccións repetidas dos bronquios e bronquiolos ou de, por exemplo, o fume do tabaco. Vaise alterando a coberta mucosa dos tubos, que se estreitan e obstrúen por un aumento de secreción de moco e unha contracción excesiva dos músculos da parede bronquial.
A primeira síntoma é unha tose lixeira matutina da que habitualmente se culpa ao tabaco. Considérase que se evoluíu cara unha bronquite crónica cando o doente expectora a maioría dos días durante tres meses consecutivos en máis de dous anos sucesivos. Débense ter excuído outras causas, como a tuberculose pulmonar ou a existencia de bronquiectasias.
Na bronquite crónica simple o esputo é de aspecto mucoso (escumoso e brancuzco) e na bronquite crónica sobreinfectada o esputo é purulento (espeso e amarelo-verdoso).
A bronquite crónica pódese confundir co enfisema primario (tose e expectoración escasas, mais disnea forte), coa asma crónica (respiración sibilante) ou con bronquiectasias.

5 comentários:

  1. E esta disertación sobre a bronquite... non a pillarías/non te pillaría??

    ResponderEliminar
  2. uff... a descrición asusta un pouco...
    coidateme moito!

    ResponderEliminar
  3. Estaste coidando??? Non me sexas un rapas

    ResponderEliminar
  4. fun a taberna do meu compadre,
    fun polo vento e vin polo aire...

    ResponderEliminar

Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: